Expertos en turismo visitan Ribadavia

Unha delegación de 20 persoas formada por profesores, catedráticos e expertos do mundo do turismo visitarán ao longo da xornada de hoxe,  martes día 20 de novembro, varios puntos de interese turístico de Ribadavia.  Os visitantes, membros da Rede Intur e participantes tamén no XVII Congreso de AECIT que terá lugar os días 21, 22 e 23 de este mes no Carballiño, coñecerán de primeira man algúns dos recursos turísticos de Ribadavia e do Ribeiro.
A visita vespertina xirará en torno a tres dos factores turísticos que máis atraen aos turistas ao Ribeiro, que son o termalismo, o patrimonio histórico e o mundo do viño. Está previsto que coñezan as Termas de Prexigueiro e que, o que o desexe, goce do circuíto termal, para posteriormente, visitar o barrio xudeu e o conxunto histórico de Ribadavia, rematando cunha cea-maridaxe na Igrexa da Madalena, na que podrán degustar os viños do Ribeiro con produtos autóctonos, que lles brindará o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.