
Dentro do programa de
Galicia, quinta provincia,
desenvolveronse cursos de formación, conferencias, xuntanzas de traballo,
degustacións gastronómicas e actuacións musicais que serviron de escaparate
para promocionar o turismo da Comunidade galega na Arxentina entre os días 30
de outubro e 2 de novembro.
Con esta iniciativa,
perseguiuse incidir na difusión de Galicia como destino turístico no mercado
arxentino que o ano pasado, co 9 por cento dos turistas, ocupou o terceiro
lugar dos estranxeiros que más visitaron a Comunidade galega, logo dos
portugueses e os alemáns. Ademais, Galicia sitúase tamén nun lugar preferente
dentro dos arxentinos que visitan España, xa que, segundo datos da Oficina de
Turismo de España en Bos Aires, os turistas arxentinos teñen á Comunidade
galega como cuarto destino español preferido, logo da Comunidade de Madrid,
Cataluña e Andalucía.