A Xunta promociona o campismo e o autocaravaning galegos en Barcelona

A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo, promocionará en Barcelona, entre os días 3 e 11 de novembro,o campismo e o autocaravaning galegos na feira turística Caravaning 2012 dedicada en exclusiva a este segmento turístico.

Nesta edición, Turgalicia estará neste certame cun stand de 32 metros cadrados, desde onde se difundirá a oferta turística de Galicia, destacando a oferta de campismo e autocaravaning, o Turismo de natureza, os recursos costeiros e tamén os do interior.

Turgalicia difundirá tamén entre os público asistente os valores da marca do Turismo galego, Galicia, gárdasme o segredo?, os seus produtos cabeceira, así como as experiencias turísticas que parten destes.

O stand de Turgalicia en Caravaning 2012 servirá tamén como punto de reunión para os empresarios turísticos galegos relacionados co campismo e o autocaravaning e os operadores interesados por esta oferta da Comunidade galega.

Galicia conta na actualidade con máis de 100 instalacións de campismo distribuídas por toda a xeografía galega.