Máis de 400
persoas participan na Festa do Socio e Santa Marta de Hostelería Compostela, que
mañá pola noite se celebra no Hostal dos Reis Católicos. Coincidindo con esta celebración, na
que estarán presentes os dez finalistas do Santiago é Tapas 2012, haberá a
entrega de premios da quinta edición deste concurso de cociña en miniatura que
este ano, por primeira vez, foi promovido e organizado por Hostelería
Compostela. Con 72 locais participantes, 117 tapas que superaron a fase de
preselección e case 33.000 tapas consumidas, e case 20.000 votos válidos
emitidos polo público, o Santiago é Tapas batíu todos os récords de
participación, público e ventas, con 200.000 euros de negocio xerado entre o 26
de outubro e o 11 de novembro de 2012.
E antes da gala de entrega de
premios do Santiago é Tapas 2012 a organización fará un percorrido polos 36 anos de
historia de Hostelería Compostela, un colectivo empresarial pioneiro en Galicia
e que este ano homenaxea, durante a celebración da súa patroa, a José Calvelo e
Marcelino Couso, propietarios do Mesón do Arrieiro e do Hotel Maycar ,
respectivamente, pola súa extraordinaria traxectoria individual e como membros
activos durante anos das Xuntas Directivas de Hostelería Compostela.