XVI Campionato de Sumilleres, o más competitivo da historia


Dous campións galegos do servizo de sala volverán a establecer un pulso fronte a outros once profesionais do sumillerismo. Do cupo de seleccionados para participar no XVI Campionato de Galicia de Sumilleres, que se celebrará o martes día 2 no Pazo Baión (Vilanova de Arousa), só seis poderán acceder as probas finais. O actual campión, Tyales Veiga (Vigo), e o dobre campión de Xefes de Sala Maitres, Nacho Costoya (A Estrada) volveron facer valer assúas credenciais, o primeiro para revalidar o título alcanzado na edición do ano pasado, o segundo decidido a conseguir o ouro en sumilleres, concurso no que ten bronce.

Pero se este pulso garantira a competitividade top, o nivel apriorístico doutros concursantes que chegarán a finalísima non so acredita o virtuosismo da proba, senón que suma máis interese e incertidume ó resultado do concurso pioneiro en Galicia e clasificatorio para o Campionato de España (San Sebastián Gastronomika), pois entre o resto de seleccionados e xunto a algún currículo prometedor, hai profesionais de traxectoria contrastada, serios aspirantes o título: Carlos Manuel Jorge Rodríguez (Bodeguilla Santa Marta , Santiago) , Daniel Fernández (O Croque, Vigo ), Javier González Gonlez  (Centro Superior de Hostalería), Sebastián Eduardo (Vigo), Sergio Seijo (Hotel Pazo Los Escudos Vigo), Daniel Rafael Marin  (vinoteca-tienda Santorun (Ourense)Rocío Muíño López  (Almirante Carris Hotel, Ferrol ) e Favianne Campos (Casa do Outeiro, San Sadurniño), xunto a 3 máis da última promoción IES Manuel Antonio.

O campionato está avaliado tecnicamente pola Asociación Galega de Sumilleres e organizado polo Seminario para a Formación e Promoción da HG&T. O séu fundador, Guillermo Campos, subraiou que nestes dezaseis anos "nunca se produxo un "duelo de titáns" tan prometedor nin un resultado tan incerto" feito o que non é alleo "os froitos do propio campionato, como plataforma promocional dos profesionais de sala o longo dos tres últimos lustros".

O xurado, como xa temos informado, está composto por profesionais de AGASU, co seu presidente David Barco ao fronte, e composto polos presidentes das asociacións galegas de Maitres e Enólogos, membros da Agaxet e, entre outras representacións técnicas, por restauradores de Lareira. As probas desenvolveranse a partires das 9 da mañá en Pazo Baión coas de selección de finalistas. Antes do xantar deberá estar rematado o Campionato, proclamándose o podio de campións do sumillerismo galego 2012