
Tyales Veiga representará a Galicia no Campeonato de España, que se celebrará o día 8 deste mes en San Sebastián Gastronomika. O vencedor estatal competirá nos campeonatos de Europa e do Mundo, este último a celebrar en 2013 en Tokio (Japón).
O campionato estivo avaliado tecnicamente pola Asociación Galega de Sumilleres e organizado polo Seminario para a Formación e Promoción da HG&T. Do xurado avaliador formaron parte profesionais re recoñecido prestixio como o enólogo de Pazo Baión, Pepe Hidalgo, o xerente de Condes de Albarei, Xavier Zas, os sumilleres e membros de AGASU, David Barco, Antonio Portela, Xoán Cannas e Óscar Cidanes, o xornalista e membro de AGAXET, Pepe Cadavedo, o profesor do IES Carlos Oroza (Pontevedra), Juán Sánchez, e o presidente de de AMAIGA, José Vicente Gómez, entre outros como Ismael Fernández, da distribuidora Tomás Fernández, que foi un dos patrocinadores deste ceramen ou Pablo Márquez, de GastroRadio.