O Concello de Ponteceso pon en marcha o proxecto “Os Camiños do Mar”,
una experiencia que mestura o ecoturismo, o patrimonio histórico, a cultura
mariñeira e as novas tecnoloxías, financiado con fondos do GAC.
A iniciativa está vertebrada por dúas rutas de sendeirismo dotadas de
ferramentas TIC que permiten que os turista poda facer una áxil interpretación
do territorio e una dipoñibilidade 24x7, é dicir,
dispoñible 24 horas ao día e os sete días da semana.
A primeira delas percorre o treito que hai
desde a ponte de Ponteceso ata a vila de Corme e o cabo Roncudo pola ribeira. A
segunda, fai un percorrido Pondaliano seguindo os monolitos dedicados ao bardo
Eduardo Pondal que se atopan entre Ponteceso, a localidade do Couto e o
miradoiro do monte Branco. O acceso faise desde a
propia ruta mediante a lectura dos diferentes códigos QR que hai emprazados en 30
puntos de interese, que contan cun emisor de sinais NFC pioneiro en España nas rutas
de ecoturismo.
O programa tamén contemplou accións formativas e de
fomento do emprendedurismo entre os profesionais da hostalaría do municipio.
O emprego desta
tecnoloxía converte as rutas dos Camiños do Mar, nas primeiras rutas 2.0 da
Costa da Morte, minimizando ademais o impacto no medio natural e vertebrando
sendeiros naturais con acceso a información e xeolocalización GPS.