O Carballiño acollerá o Forum Renditur e o congreso de AECIT

Presentación de Renditur
O  “Forum Redintur 2012”, a reunión anual da rede que agrupa unha vintena de universidades españolas que imparten programas de posgrado nos diferentes ámbitos do turismo, celebrarase na vila do Carballiño os días 20 e 21 de novembro. Esta importante reunión académica coincide coa celebración no Carballiño do XVII Congreso Internacional de Turismo da Asociación Española de Expertos Científicos en Turismo (AECIT), que terá lugar entre os días 21 e 23 de novembro, un evento organizado pola Deputación de Ourense, AECIT e o Concello do Carballiño, que ten como obxectivo analizar as novas ideas para potenciar o sector turístico.

Este evento reunirá no Carballiño aos principais investigadores e axentes do sector turístico nacional e internacional. Esta cita co mundo investigador e empresarial do turismo, no que colabora igualmente a Facultade de Turismo de Ourense, analizará os novos formatos, ideas e proxectos que permitan ofertar propostas de calidade diferenciadas para poder innovar neste sector estratéxico da economía.