Conxemar, o salón galego máis internacional

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, puxo como exemplo á Feira Conxemar pola súa capacidade de traballo e de busca de oportunidades “nunha época de profundos cambios nas estruturas comerciais, extractivas e transformadoras”. Díxoo no transcurso da inauguración da XIV edición deste evento, que a partir de hoxe e ata o xoves, abre as súas portas no recinto feiral IFEVI de Vigo.

Quintana salientou a calidade das empresas do sector do conxelado que participan neste certame – preto de 500 de 30 países diferentes- así como a súa calidade. A titular de Medio Rural e do Mar considera que a presenza internacional do sector en Galicia “é a demostración de que se están a facer cousas ben dende Conxemar, así como de valentía, de acción e de ilusión por ter un sector forte e competitivo no futuro”.