O IES de Vilamarín, de seminario polo Ribeiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro recibiu nesta xornada a visita dos alumnos de hostalería do IES Vilamarín, para a celebración dun seminario práctico en torno á vendima e as primeiras operacións de procesado da uva á súa entrada en adega.
A ruta levou ao grupo á visita de varias adegas da Denominación de Orixe Ribeiro, con cata na viña das súas castes, amosando así as diferencias e cualidades de variedades autóctonas como a Treixadura, Loureira, Godello ou Albariño, entre outras. Tamén puideron coñecer de primeira man traballos como a programación de vendima e a adecuación da adega para a entrada de uva, así como as diferentes operacións prefermentativas.
Deste xeito, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e o IES Vilamarín inician unha colaboración que levará aos alumnos do centro a visitar a D.O. en varias ocasións ao longo do ano, para coñecer “in situ” o proceso de elaboración do viño.