Galicia é lider en produción acuicola

Galicia foi en 2011 a Comunidade Autónoma líder na produción de acuicultura continental en España. Así o destacou conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana na clausura da asemblea Esacua na Coruña, o potencial da nosa comunidade, que no ano 2011 produciu máis 4.000 toneladas e emprega de forma directa a máis de 300 familias galegas.

Tamén fixo fincapé en que a acuicultura continental é unha actividade en expansión porque, segundo datos da FAO, a demanda de peixe multiplicarase nos vindeiros anos. Así no ano 2030 serán necesarios 37 millóns de toneladas adicionais de peixe para manter os niveis actuais.

Por este motivo, e adiantándose a este problema, a Xunta elaborou a Estratexia Galega de Acuicultura (ESGA), a folla de ruta para desenvolver axeitadamente a actividade acuícola en todos os ámbitos territoriais galegos, incluídos os de augas interiores. Así, baixo a premisa da conservación de valores ambientais e sociais, a Consellería aposta por potenciar esta actividade en áreas alonxadas dos cursos de auga, promovendo as melloras tecnolóxicas que permitan este desprazamento.