Foguetes en Turismo de Santiago polo incremento de peregrinos

En setembro deste ano rexistráronse 27.318 peregrinos, dos cales 12.235 eran españois e 15.083 estranxeiros. No mesmo mes de 2011 chegaran 26.022 peregrinos, polo que se rexistra un crecemento do 5%. Por procedencias, baixa lixeiramente o número de peregrinos españois, xa que en setembro de 2011 foran 12.567, e soben os internacionais, ata os 13.455 peregrinos.

No conxunto do ano xa chegaron a Compostela 168.678 peregrinos, uns 7.000 más que en 2011 por estas mesmas datas. Un dato interesante respecto ao conxunto do ano é que o número de peregrinos nacionais e internacionais é moi semellante. Así, os peregrinos españois foron 85.789 e os internacionais 82.889. Isto supón que o crecemento anual tamén se apoia no aumento do peregrino internacional xa que, por exemplo, a porcentaxe de peregrinos nacionais en 2011 fora do 53,35% e o de internacionais do 46,65%.