Crece o turismo internacional en Galicia, según os datos oficiais


Galicia rexistrou no mes de setembro un notable crecemento do turismo internacional, que medrou un 14,9%, acadando máximos históricos no mercado estranxeiro, tanto en viaxeiros aloxados (113.417) como en pernoitas (190.455), segundo datos facilitados polo Instituto Nacional de Estatística (INE). 

En canto á demanda rexistráronse un total de 366.366 viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros no mes de setembro. As pensións amosan unha tendencia positiva, cun 1% máis de viaxeiros aloxados que os rexistrados o ano pasado no mes de setembro.

No acumulado do ano, o período que vai de xaneiro a setembro, o crecemento do turismo internacional no sector hoteleiro subiu un 1,5% no relativo a viaxeiros aloxados, con 617.363, máximo histórico na comunidade. A suba nas pernoitas de turistas estranxeiros en establecementos hoteleiros entre xaneiro e setembro de 2012 foi do 0,3%, con 1.083.932 pernoitas rexistradas.

Durante este período o peso do turismo internacional no sector hoteleiro foi do 23,9%, máximo histórico en Galicia, que se traduce nesa suba dos 1,5 puntos porcentuais en relación ao mesmo período do ano pasado, segundo datos do INE. Trátase da porcentaxe máis elevada dende que se teñen rexistros, concretamente no ano 1.999.