Apoio ao sector lácteo

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, celebrou hoxe a decisión do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente de habilitar, de maneira excepcional, 31 millóns de euros adicionais para os produtores españois de leite, co fin de axudalos a afrontar a difícil situación na que se atopan, debido aos baixos prezos do produto, especialmente en Galicia.

Estes fondos distribuiranse nos exercicios de 2012 e 2013, a razón de 15,5 millóns de euros/ano, e sumaranse aos pagos que reciben os gandeiros provenientes da Unión Europea, de forma que poidan recibir unha primeira parte desta axuda xa no vindeiro mes de decembro. O obxectivo desta iniciativa é propiciar que os gandeiros poidan facer fronte de inmediato aos seus problemas de tesourería.

O Consello Consultivo e da Conferencia Sectorial de Agricultura aprobou tamén unha achega de preto de 6 millóns de euros en 2013 para a restruturación de viñedos na nosa Comunidade. Ademais, Galicia recibirá arredor de 800.000 euros para a liña de prevención de pragas, loita integrada e sanidade vexetal e animal.