A saída oficial da 68 edición da Volta Ciclista a España terá lugar o vindeiro 24 de agosto de 2013 ás 19:00 horas dende o municipio de Vilanova de Arousa, segundo anunciaron o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o director da Volta Ciclista, Javier Guillén, acompañados polo alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e do presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán. Pola provincia de Pontevedra transcorrerán tres ou catro etapas.
A saída será espectacular, informou Rafael Louzán, realizarase dende unha batea, unha estrutura de madeira situada sobre o mar que se utiliza tradicionalmente en Galicia para o cultivo de marisco como por exemplo o mexilón ou a ostra. “O esforzo vale a pena”, afirmou o presidente da Deputación quen asegurou que “vamos a empregarnos a fondo para que a saída sexa a máis novidosa das que nunca antes houbera posto en marcha a volta ciclista”.
A renglón seguido o titular da Deputación comentou que pretende aproveitar este gran evento deportivo para ofrecer a imaxe máis potente de Galicia, que son as súas rías, e un elemento tradicional que está na súa superficie como son as bateas <que en Galicia son perto de 3.000> dixo. Así, dende este punto vaise a organizar unha saída en formato crono por equipos nunha etapa que terá entre 20 ou 30 quilómetros con punto de chegada noutra localidade da comarca do Salnés e con paso pola emblemática praza de Fefiñáns. Aínda que o máis complexo vai a ser a organización da saída, explicou o presidente da Deputación, “estamos traballando para ofrecer a mesma espectacularidade na chegada”.