A Deputación de Pontevedra colaborará coa Bolsa de Contratación Turística

A Deputación de Pontevedra colaborará na realización da Bolsa de Contratación Turística que terá lugar os vindeiros 17, 18 e 19 de outubro en Pontevedra. O seu presidente, Rafel Louzán sinalou que a Cámara de Comercio, ante as dificultades económicas que tén, pideu a colaboración para orgaizar a Bolsa de Contratación Turística Galicia-Norte de Portugal nesas datas que veñen marcadas polo calendario que fixan os touroperadores para todo España. Por eso, a Bolsa non coincidirá con Ferpalia, que será orgaizada pola Cámara e aínda non tén data de celebración.
Para que se poida celebrar a Bolsa de Contratación Turística, a Deputación cederá as súas instalacións do Museo de Pontevedra e poñerá a disposición o personal técnico cualificado de Turismo Rías Baixas. Según Louzán, a institución provincial quere potenciar na Bolsa de Contratación o turismo de grandes eventos deportivos.
Nesta liña, lembrou que a contratación turística xa está sendo potenciada pola Deputación a través do programa para crear unha Plataforma de Servizos Turísticos que, cun presuposto de 2,5 millóns de euros, posibilitará contratar on line a empresas, hoteis, entidades, etc.; ou tamén a través da participación en feiras e certames ou de xuntanzas concretas, como a celebrada o pasado fin de semana no  Parador de Pontevedra entre touroperadores nacionais e internacionais e empresas pontevedresas relacionadas co turismo.