O grupo de gañadores das viaxes á Denominación de Orixe Ribeiro sorteadas entre os participantes do Concurso Ribeiro de Copas visitaron esta fin de semana as adegas e principais atractivos enoturísticos da rexión. A campaña Ribeiro de Copas que se celebrou en Santiago de Compostela o pasado mes de xuño e na que estiveron representadas 18 adegas da Denominación de Orixe Ribeiro en 18 locais hostaleiros da cidade, premiou aos consumidores participantes neste acción e que contestaron correctamente as preguntas plantexadas nos establecementos da ruta.
A fin de semana consistiu nun percorrido polas adegas da D.O., con estancia en aloxamento rural e participación nas distintas actividades enoturísticas da comarca, como a travesía polo río Miño a bordo do catamarán do Concello de Castrelo de Miño. Con estas iniciativas o Consello Regulador pretende achegar o coñecemento dos viños e da nosa Denominación de Orixe ao público, así como promover o seu interese enoturístico.