Ribeiros de premio

O Premio Vinícola Internacional Mundus Vini 2012, celebrado en Neustadt (Alemania) a finais de agosto, vén de conceder os seus galardóns, onde a D.O. Ribeiro recibiu dúas medallas de ouro e dúas de prata. Os galardóns de ouro recaeron no viño Alberte 2011 de Bodegas Nairoa e no Colección Costeira Treixadura de Vitivinícola do Ribeiro. Pola súa banda, as medallas de prata foron para Lagar do Meréns 2010 do colleiteiro José Meréns Martínez e Terra do Castelo Treixadura 2011 de Cooperativa San Roque.
Os premios Mundus Vini son considerados como os máis prestixiosos do mercado alemán, o que supón un impulso para as novas marcas que pretendan introducirse en Alemania, grazas a influenza dos seus resultados no sector profesional.
Por outra banda, a Denominación de Orixe Ribeiro recibiu un total de 19 galardóns no concurso “Distincións Gallaecia 2012”, no que se presentaron tódalas D.O. Galegas. Os premiados, na categoría de brancos foron Agás do Tempo 2011, Cuñas Davia 2011, Cuñas Davia Barrica 2010, El Paraguas 2011, Elisa Collarte 2011, Gomariz X 2011, Lagar do Meréns Barrica 2010, Manuel Rojo 2011, Pazo Lodeiro 2011, Salvaxe 2011, Terra do Castelo Sensación 2011, Terra do Castelo Treixadura 2011, Val de Nairoa 2011e Viña do Avó 2011.
Na categoría de tintos os distinguidos recairon en 30 Copelos 2010, Abadía de Gomariz 2010, Cuñas Davia 2010 e Hush 2010 . En Tostado Alma de Reboreda 2006 foi o máis valorado polo xurado.