Reábrerse ao baño as prais da Concha e Compostela en Vilagarcía

A Delegación Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra comunicou esta mañá ao Concello de Vilagarcía que os niveis de concentración microbiolóxica nas augas das praias da Concha e Compostela descenderon nas últimas horas ata situarse en índices normais. En vista dos resultados das analíticas das mostraxes tomadas onte, o Concello ordenou baixar a bandeira vermella e retirou os avisos desaconsenado o baño.

As análises remitidas polo departamento de Sanidade constatan que a día de onte a concentración de e.coli nas augas das zonas de baño da Compostela situábase nas 30 ufm por cada 100 miligramos e a da Concha nas 350. Estes niveis atópanse dentro da normalidade, incluso nun nivel de contaminación bastante baixo, xa que o límite máximo que se permite sitúase nas 1.500 ufm. A propia notificación de Samidade recolle que os niveis actuais "son aceptables polo que non supoñen un risco para a saúde dos bañistas".