Novo albergue no Camiño Primitivo

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo inaugurou hoxe un novo  albergue para peregrinos no Camiño Primitivo, na localidade luguesa de Castroverde. O novo albergue público aporta 34 novas prazas, dúas delas nun dormitorio adaptado para persoas de mobilidade reducida,  ás 137 xa existentes nos 5 albergues públicos cos que conta o Camiño Primitivo. Os máis próximos son o de O Cádavo, en Baleira e o de Lugo.

Este Albergue foi proxectado en xaneiro do 2009 polo arquitecto Jesús Bouza Fernández. O tamén arquitecto José Ignacio Vila fixo a dirección facultativa e o arquitecto técnico Javier Gómez Crespo estivo a cargo da dirección da execución das obras, que comezaron o 10 de novembro de 2011.