Cebolas a esgalla

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, destacou que o pasado ano producíronse en Galicia máis de 25.000 toneladas de cebola, nas arredor de 870 hectáreas dedicadas a este cultivo. Así o manifestou na súa visita á XXX Feira da Cebola, que se celebra no concello pontevedrés de Sanxenxo.

Rosa Quintana enxalzou nesta festa gastronómica o valor dun produto “singular e indispensable nas nosas hortas e mesas” e lembrou, neste sentido, a súa importancia alimentaria, etnográfica, produtiva e culinaria. Sobre a relevancia culinaria deste produto, a conselleira do Medio Rural e do Mar advertiu que “ten moi bo maridaxe en todos os pratos” e cualificou a cebola como “un elemento fundamental da nosa cociña”.