Cara a creación do Clúster da náutica recreativa galega


Portos de Galicia impulsará a creación do Clúster da náutica recreativa de Galicia como “acción estratéxica para a xeración de negocio no sector”, sinala a Xunta. Así mesmo, o ente público elaborará unha guía de servizos náuticos da nosa comunidade que integre diferentes ámbitos de atracción de usuarios nun documento “único e manexable con comodidade”.

Mentres estas dúas accións non se materializan, outras entidades están xa a traballar neste eido. Así, por exemplo, a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte ten previsto editar en breve unha guía das empresas de turismo náutico do xeodestino Rías Baixas-Ría de Arousa. Esta guía –din os seus impulsores- “vén a dar resposta a unha das demandas do sector, na que se solicita máis difusión das actividades que ofertan as empresas de turismo náutico a través dun folleto turístico”.