Grupo Nove incorpora a Álvaro Villasante, do Paprica (Lugo)

Álvaro Villasante Armas é natural de
Palas de Rei (Lugo)
O chef Álvaro Villasante Armas, propietario do restaurante lucense Paprica, é a nova incorporación do Grupo Nove, integrado ata agora por vintedous restauradores galegos. Natural de Palas de Rei, Villasante ten una ampla traxectoria profesional, desenvolvida a cabalo entre Lugo e Lleida, Tenerife, Miami e Barcelona, onde tivo a oportunidade de traballar con grandes da cociña como Sergi Arola, Ramón Freixa ou Ángel Palacios.

O restaurante Paprica está especializado en cociña creativa marcada polas estacións e pola temporalidade, na que teñen moita presenza os produtos ecolóxicos. Dende a súa apertura, leva acadados varios recoñecementos, sendo o primeiro restaurante de Lugo con Q de Calidade Turística.