HG&T PUBLICA A DENUNCIA DUN COLECTIVO EMPRESARIAL DIANTE DAS MÁIS ALTAS INSTANCIAS DO PAÍS
A revista HG&T (Hostelería Galega&Turismo) faise eco na edición que se distribúe esta semana, da denuncia dun colectivo empresarial autodenominado "Cehosa Limpia", solicitando unha investigación urxente e a fondo sobre as contas da Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia (CE.HOS.,GA), a histórica organización empresarial do sector hostaleiro que actualmente preside o coruñés Hector Cañete, denunciando tamén a Xunta, e especialmente a Secrtetaría Xeral de Turismo por "facilitar la corrupción mediante subvenciones".
"¿Corrupción en CEHOSGA?" -entre interrogantes- é precisamente o titular da portada desta publicación especializada do noroeste ibérico. Precedido polo antetítulo "Cañete y directivos bajo sospecha de fraude y malversación", e dous sumarios máis: "Empresarios piden a la Fiscalía Xeral, al Consello de Contas, a la Agencia Tributaria y a la Presidencia de la Xunta, que investigue malversación por parte de la cúpula hostelera" , xunto a este outro: "Cehosga Limpia implica a Turismo por dar suvbvenciones para su aplicación incorrecta y fraudulenta".
A publicación de Guillermo Campos, que xa denunciou a orixe desta reacción por recoñecerse un "buraco" de 60.000 euros na contabilidade de Cehosga, dedica a este escándolo dúas das páxinas interiores. Nunha documéntanse os antecedentes, nunca desmentidos, ao coñecerse un acta da asamblea xeral que levara a publicaciópn a titular "Dudosas actas contables e cheiro a componenda" en Cehosga. Os contidos dese documento público son agora o argumento do colectivo empresarial "Cehosga Limpia", preocupado por liberar o sector de "golfos y sinvergüenzas" para terse dirixido, a través do rexistro xeral da Xunta, as citadas máis altas instancias da comunidade autónoma -xurídicas, económicas e políticas, además da CEP- para que "manden una inspección, hagan una auditoría, y exijan responsbilidades".