
A SeaFood de Bruxelas é a feira de produtos
do mar máis importante do mundo, á que asisten profesionais vinculados ás
principais firmas alimentarias de distribución, comercio, e operadores
alimentarios en xeral, e entre os que tamén se atopan as cadeas de distribución
que operan en España. Mexillón de Galicia conta cun amplo stand presidido pola
imaxe corporativa da DOP que o identifica e diferencia. Consta dun unha área de
exposición na que se presenta o produto fresco, enlatado, conxelado,
pasteurizados e novos procesados de valor engadido, en diferentes e variados
formatos. Ademais conta con unha zona de atención a clientes, na que se realizan
as actividades comerciais.