
Neste sentido, explicou que para saír ao exterior Galicia necesita de produtos “únicos, con imaxe propia e calidade contrastada”, como é o caso do Queixo Arzúa-Ulloa.
Durante os actos de celebración da XXI Feira do Queixo da D.O.P. Arzúa-Ulloa tivo lugar a Encomenda do Queixo Arzúa-Ulloa, na que a secretaria xeral para o Turismo foi nomeada comendadora do queixo. Na súa intervención, Carmen Pardo comentou que a gastronomía e os produtos típicos das cidades e vilas polas que discorre a Ruta Xacobea constitúen un reclamo máis para os camiñantes e turistas que descobren a pé ou en bicicleta ou dacabalo a nosa comunidade. Segundo afirmou “o percorrido polo Camiño de Santiago é unha auténtica ruta dos sabores de Roncesvalles a Compostela”.