
A asistencia a ete evento enmárcase dentro da aposta de Turismo de Galicia por consolidar o mercado turístico nacional. Nesa estratexia, a feira SEVATUR ten demostrado constituír unha inversión de altísima rendibilidade para os expositores, que como Turismo de Galicia manteñen unha elevada fidelidade xa que o público medio que acude a este certame caracterízase polo seu alto poder adquisitivo e a súa cultura viaxeira.
Segundo o INE, rexistráronse nos establecementos regrados de Galicia un total de 114.630 viaxeiros procedentes do País Vasco, un 3,9% do total de españois. O mercado vasco xerou preto de 300.000 pernoitas, o 4,2% do total nacional. É o sexto mercado español máis importante, sen contar neste caso ao galego.
En canto á importancia do mercado vasco dentro das peregrinacións a Santiago, no ano 2011 contabilizáronse 5.662 peregrinos desta orixe, que foron un 3,09 % do total, mentres que no último Ano Santo de 2010 chegaron 7.199, un 2,65 % do total.