A surfear na Mariña luguesa

Xa queda menos para que dé comezo a segunda edición do Km0 Surf- Camp Deputación de Lugo. Dende o venres 30 de marzo ata o domingo 1 de abril, a cantidade e variedade de actividades programadas converterá á Mariña en capital española do surf, co engadido de que a elite nacional deste deporte compartirá ás súas técnicas con todos os que se acheguen esta fin de semana ás praias luguesas. Catorce homes e catro mulleres, moitos deles campións internacionais, ensinarán totalmente gratis e co préstamo do material necesario, grazas a unha iniciativa da Deputación de Lugo que tente facer da Mariña un referente do ocio medioambiental e desestacionalizar o turismo da comarca.

De feito, este evento está sendo xa un éxito. Boa mostra disto son as máis de 100 inscricións rexistradas a catro días do inicio do Surf-Camp. Os interesados poderán anotarse nas últimas prazas dirixidas a todos os membros da familia. Polo momento, o máis novo ten 8 anos e o surfer maior chega ós 57, tendo algún deles experiencia previa e outros para os que esta ocasión será o seu bautizo acuático. Non só dende todas as provincias galegas, senón que outros moitos achegaranse a Lugo procedentes de diferentes puntos da xeografía española: Madrid, León, Bilbao, Asturias son algún deles. Todo o necesario para botarse ó auga pódese conseguir facendo reserva previa en
www.facebook.com/km0surfcampdeputacionlugo ou no 982 120 064.