Este xoves celébrase no Restaurante Caney a presentación da Semana Gastronómica do Ovo, que desenvolverá o Araguaney do 12 ao 17 de marzo. O equipo de cociña do Caney, con Pedro Lestón ao mando, amosará algúns dos pratos a base de ovos que conformarán a carta da semana gastronómica, unha iniciativa coa que este establecemento pretende facer unha homenaxe a un dos alimentos básicos da nosa dieta, demostrando que se poden facer moitas máis cousas que fritilo ou cocelo.A carta para eses días inclúe propostas como unha Bóla de pataca con ovo de paspallás, unha Hamburguersa de boi á grella coroada por un revolto de ovos de oca con boletus ou uns Ovos de pascua de fino chocolate recheos de mousse de limón, mandarina e vainilla.