Os alumnos do IES de Foz aprenden a atender a clientes con discapacidade

Os alumnos de 1º do Ciclo Medio de Servizos de Restauración do IES de Foz recibiron a visita da Asociación A Mariña-COGAMI, con sede en Ribadeo. Elena Miragaya, representando á asociación, e Ángel López, como voluntario e tesoureiro da mesma, impartiron unha charla na que deron a coñecer as pautas para a atención ao cliente discapacitado na hostalería. Nela espuxéronse os diferentes tipos de discapacidades que poden existir e como atender a cada unha delas no sector. Ángel López aportou a súa experiencia dándolles bos consellos aos alumnos de cara ao seu futuro profesional.

Esta charla forma parte do módulo "Técnicas de Comunicación" que imparte Leticia Maseda.