
Poucas paraxes nos poden ofrecer unha combinación tan rica de flora como o contorno deste castelo, onde tanto medran palmeiras, como castiñeiros milenarios, magnolios xigantes, naranxeiros ou a secuoia máis grande de Galicia, ademais das innumerables e magníficas camelias.
"O recoñecemento de Soutomaior como Xardín de Excelencia Internacional é, sen dúbida, un paso máis na difusión e promoción de Pontevedra a nivel mundial, que se verá culminado coa celebración do vindeiro Congreso Internacional da Camelia nesta provincia en 2014", dixo o presidente Louzán.