Galicia súbese ao carro portugués para a certificación da lamprea do Miño

Galicia e Portugal estudian a posibilidade de elababorar unha candidatura conxunta para a certificación da Lamprea do Río Miño. Este foi un dos temas de debate na reunión que mantivo a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, coa secretaria de Estado de Turismo de Portugal, Celia Meireles e co presidente de Turismo Porto e Norte, Melchior Moreiras. O Proxecto Lamprea do Miño foi premiada coa medalla Dagda na última edición da Gala do Turismo e Gastronomía que organiza a revista HG&T e a Asociación de Xornalistas e Escritores de Turismo (AGAXET) á que, por certo, non aistiu Carmen Pardo.

No tocante ao turismo de saúde e benestar ambas administración acordaron desenvolver medidas de intercambio de experiencias e tamén se abordaron temas nos que xa colaboran estreitamente como o desenvolvemento da Ruta Tranfronteiriza da Auga, un proxecto financiado polo POCTEP que prevé a creación, implementación e promoción de rutas transfronteirizas que percorran balnearios termais do Norte de Portugal e de Galicia.

Outro dos asusntos abordados foi a ordenación da oferta do Camiño Portugués a Santiago a través dun proxecto que permita a limpeza da ruta, a sinalización uniforme, a xeorreferenciación, o establecemento de puntos de apoio ao peregrino, a rehabilitación de algúns albergues, a seguridade, a promoción e a divulgación nos mercados alemán, inglés, holandés e brasileiro.