O obxectivo deste plan é "contribuír á transformación do sector turístico galego a través da formación dos seus empresarios e emprendedores", sinala a Xunta. O programa artellarase en 13 tipoloxías de cursos adaptados ás necesidades concretas dos distintos subsectores. Trátase de 24 programas formativos en toda Galicia nos que poden participar entre 20 e 30 persoas en cada grupo. Xa poden consultarse as bases da convocatoria na web www.turgalicia.es e mais na web www.eoi.es.
O plan centrarase, fundamentalmente, en áreas estratéxicas de turismo como a innovación, o e-marketing, as redes sociais, a xestión de pequenos aloxamentos e restaurantes, a eficiencia, o aforro e a xestión de custes, ademais da creación de empresas.