
O conselleiro destacou a importancia da Feira para toda Galicia. Asemade na rolda de prensa recordouse que a organización da feira aposta pola integración das persoas con discapacidade, polo que se realizarán melloras de cara a que todos os asistentes gocen plenamente do encontro. Vázquez indicou que esta cita é “un dos sinais de identidade de Galicia, un referente gastronómico e cultural que, grazas ao impulso que cada ano lle dá o concello de Lalín, nos permite presumir de outro gran produto de calidade galega”.
Neste sentido o conselleiro explicou que esta cita gastronómica logra cada ano difundir a nosa cultura “máis aló de Lalín e de Galicia, achegándose a todos a través de distintas accións que se desenvolven nos máis diversos lugares, como Venezuela, Andorra, Alemaña, o Vaticano ou Portugal”. O ano pasado, a festa citou a máis de 70.000 persoas.