Este sábado chega o ‘Cocido no Mercado’, as ‘Catas con Maridaxe’, o ‘Merco e Cociño’ e ‘Gustorama’; mentres que o domingo terá lugar a ‘Gastronovena’ e o luns, o ‘Fórum Viños’.
Xa no propio Fórum estarán moi presentes os produtos galegos, ben da man das empresas ou de organismos oficiais. Así, por exemplo, os viños do Ribeiro serán os convidados no obradoiro que desenvolverán Héctor López e Rafael Centeno sobre “Cociña do mar con moluscos de Galicia”. O Tostado do Ribeiro, pola súa banda, participará xunto cos queixos galegos na actividade “Irmáns de leite”. Os viños de Rías Baixas, pola súa banda, serán protagonistas de dúas maridaxes nas que se degustarán un total de seis marcas. Nacho Costoya será o mestre de cerimonias. Esta só é unha brevísima escolma do amplo programa de actividades incluídas no Fórum. Toda a información en www.forumsantiago.com.