Rosa Quintana visita a queixería Crisanto

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, visitou as instalacións da queixería Crisanto (Vilalba), onde definiu a produción de queixo como unha das liñas fundamentais para poñer en valor o leite galego e diversificar este sector. Engadiu que a aposta polos derivados lácteos (entre eles de maneira particular o queixo) é unha fórmula especialmente axeitada para mellorar a súa competitividade.

Na visita, a titular do Medio Rural e do Mar lembrou que Galicia é unha potencia no sector lácteo dentro de España, xa que na nosa Comunidade prodúcese case o 40% do total nacional e localízanse máis da metade das explotacións.