
Santiago explicou que www.menugallego.es naceu para ofrecer cociña galega de calidade en toda España nun prazo máximo de 48 horas. Ao realizar cada pedido na web, un grupo de profesionais da cociña galega, dirixidos polo recoñecido cociñeiro Pablo Gallego, póñense en marcha. Selecciónase o mellor produto, prepárase, cocíñase e envíase. E todo iso, resaltou, con plena garantía tanto en canto á súa composición e orixe, coma á súa elaboración e, por suposto, engadiu, o transporte ata o domicilio.
Entre os pratos máis solicitados polos clientes desta páxina destacan os mariscos, as carnes e os peixes, sendo a maior parte das persoas que realizan os seus pedidos, galegos que viven fóra da súa terra e persoas que visitaron Galicia e que quedaron prendados das marabillas da cociña galega. A páxina recibe unha media de máis de 4.000 visitas ao mes de toda España e mesmo do estranxeiro.