O futuro de Manzaneda, máis despexado

A Xunta comprometeuse a financiar a redacción dun Plan de Viabilidade “rigoroso e completo” para a sociedade Estación de Montaña Manzaneda, S. A. (Meisa) “coa maior brevidade posible”. Así se deu a coñecer na última reunión do Consello de Administración da sociedade, na que o xerente da entidade presentou un novo documento con propostas para viabilizar que finalmente, tras a súa exposición, “foi definido e cualificado coma unha batería de investimentos desexables, pero en ningún momento coma un plan completo de viabilidade”, sinala o Goberno galego.

Ante esta situación, a Xunta comprometeuse a encargar a redacción dun novo plan “partindo do documento presentado pola propia xerencia”, e invitou a todos os accionistas a “colaborar” na busca de novos investidores ou socios para a estación.