
No apartado de recoñecementos ao labor de toda unha vida dedicada á gastronomía galega, os galardoados foron Lourdes Rivera Díez, do Mesón Restaurante do Loyo (Paradela); María Díaz Couce do Restaurante Marcial de Xubia-Narón (A Coruña); María Fernández do Restaurante Casa José de Valga (Pontevedra) e Ermitas Bolaños Yáñez, do Bar Taxi, de Ourense. O xurado tamén recoñeceu o labor da empresa luguesa Ingapán S.L. pola súa difusión dos valores da gastronomía galega.
A entrega dos galardóns terá lugar no transcurso da Gran Gala da Gastronomía de Galicia que se celebrará o 10 de febreiro no Lalín Arena.