Comeza o Entroido do Ulla

A parroquia de Rarís, no concello de Teo, abre este ano os actos do Entroido do Ulla e faino esta mesma fin de semana. Así, os altos de correos e xenerais volverán percorrer as rúas da comarca este domingo, comezando xa ás 9.00 horas. É o pistoletazo de saída a un mes de festa, de cores, de disfraces, de música e tradición que na comarca da Ulla se celebra por todo o alto.

No aspecto gastronómico, esta fin de semana atopamos unha suxerente cita no concello de O Barco. Trátase da quinta edición da Festa do Codillo, que se celebra este sábado. O xantar comezará ás 14.30 horas no Pavillón Municipal. A un prezo de 15 euros os comensais poderán degustar o seguinte menú: Consomé con tropezóns, Codillo con grelos, chourizo e cachelos, Bica, pan e viño, licores e café. Poderán levar, ademais, o prato e a cunca de regalo.