Medio Rural rexeitas as acusacións de UU.AA.

A Consellería do Medio Rural lamenta que o sindicato Unión Agrarias (UU.AA.) lance informacións tendenciosas en menoscabo do exercicio responsable que lle corresponde ao Consello Regulador da D. O. Rías Baixas e ao propio departamento autonómico. Considera que as acusacións vertidas pola Organización só van en contra e prexudican aos propios viticultores e adegueiros de Rías Baixas.

Neste senso, a Consellería lembra que está a cumprir coa legalidade vixente con estrito rigor e subliña que o Consello Regulador é o órgano elixido democraticamente, para establecer as súas propias normas de actuación e representar aos viticultores e aos adegueiros da D.O. Rías Baixas.

A produción e a calidade dos caldos de Rías Baixas son pezas clave do seu éxito no mercado e dan conta de que as cousas se fixeron ben. Así, a súa aposta pola excelencia supón que esta D.O. teña un peso específico dentro do sector do viño a nivel nacional e internacional.

Medio Rural rexeita calquera interferencia política nos consellos reguladores das denominacións de orixe. Apostila que está a cumprir escrupulosamente coa normativa en vigor e, ao tempo, subliña que o Consello Regulador de Rías Baixas tamén ha de cumprir as súas propias normas. Para a Consellería, as actuacións que se realizan neste marco regulamentario non teñen outro obxecto que a defensa do conxunto do sector vitivinícola. Neste caso, a finalidade concrétase en velar sempre pola calidade e o bo facer da D. O. Rías Baixas.