Ir al contenido principal
Sae á rúa ‘Onde mercan os Larpeiros’
Os moitos seguidores do programa 'Larpeiros' teñen agora a oportunidade de achegarse doutro xeito aos produtos máis senlleiros da nosa despensa grazas ao libro 'Onde mercan os Larpeiros', da editorial Galaxia. Tomás Alonso e Víctor López, os autores, percorreron Galicia na procura “dos ingredientes e mais das persoas, desas boas xentes que con agarimo e alta profesionalidade fabrican pan; crían tenreiras, capóns ou porcos; sementan fabas, pementos ou cogomelos; pescan robalizas e pescadas do pincho; elaboran amendoados, bicas e tortas…, unha festa para os padais máis esixentes”, sinala a editorial.
Di Xosé Cermeño, no limiar, que “este libro encerra a información práctica que converterá a calquera aspirante a larpeiro nun experto das conversas de sobremesa onde os lambóns diplomados compiten por ver quen coñece o mellor sitio para mercar queixo ou comer empanada”.