Participación masiva nas eleccións de Hostelería Compostela

“Alto nivel de participación dos asociados e gran cantidade de voto delegado”. Estas foron as dúas circunstancias que marcaron a xornada de votacións deste luns en Hostelería Compostela. Os locais da asociación rexistraron un cheo absoluto mentres estiveron as mesas abertas e durante o escrutinio, tralo que sairán os doce vogais de Restauración e os doce de Aloxamento que conformarán senllas directivas. Está previsto que os nomes dos próximos responsables do colectivo empresarial se coñezan ao longo desta xornada.

En Hospedaxe non houbo problemas pois só se presentou unha lista aberta integrada por catorce membros, dos que se elixiron doce: Jesús Asorey, Ramón Carril, Julio Castro, Arturo Cuenllas, Javier Goyanes, Pablo Guitián, José Antonio Liñares, Ramón Martínez, Diego Moreno, José Manuel Otero, Carlos Tardaguila e Antonio Torreiro.

En Restauración, os doce máis votados foron: José Balboa, Juan Ramón García, Miguel González, Germán González, Manuel Mera, José Manuel Nieto, Manuel Paz, Manuel Pensado, Jesús Peón, Fernando Pereiro, Ángel Rodríguez e Jesús Sordo. (Foto: Hostelería Compostela).