
Esta era unha prioridade para este concello lucense pois baralla a posibilidade de poñer en servizo unha embarcación turística tipo catamarán, semellante ás que operan nos Canóns do Sil.
Este será o sétimo pantalán que terá a Deputación de Lugo, xunto cos dos Peares, Belesar pobo e Belesar presa, Os Robles, Portomarín e Doade. En total, nos últimos catro anos preto de 21.000 persoas participaron nas distintas rutas que ofrecen os catamaráns da institución provincial.