Xornalistas chineses coñecen Galicia

Once xornalistas e profesionais da comunicación chineses relacionados con publicacións turísticas e culturais visitan estes días Galicia nunha viaxe organizada pola Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo, para dar a coñecer a oferta turística galega no país asiático.

Deste xeito, os visitantes chineses percorreron a pé o Camiño de Santiago entre Sarria e Santiago de Compostela, entre os días 24 e 28, realizando varias etapas. Na súa estadía en Galicia, os xornalistas e escritores chineses tamén visitarán a Costa da Morte e outras zonas con potencial turístico da xeografía galega.