Turismo compromete o seu apoioa Terras de Pontevedra

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, comprometeu a axuda do seu departamento a Terras de Pontevedra parta seguir a traballar no turismo do terriorio mediante o apoio económico as actuacións innovadoras no mesmo. Este compromiso quedou plasmado no acto de peche do Plan de Dinamización Turística Terras de Pontevedra, que tivo lugar no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.


Na súa intervención, Carmen Pardo fixo un balance do plan, iniciado fai catro anos e no que colaboran a Secretaría Xeral para o Turismo, a Secretaría General de Turismo y Comercio Interno e a Mancomunidade Terras de Pontevedra e no que se engloban un total de oito concellos: Barro, Campo Lameiro, Cotobade, Marín, Poio, Pontecaldelas, Pontevedra e Vilaboa. Na realización do plan tamén colaboraron o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra e a Asociación de Turismo da Comarca de Pontevedra.


A secretaria xeral para o Turismo asegurou que, despois de catro anos de traballo e un investimento total de 4 millóns de euros, os obxectivos cos que naceu o plan “foron totalmente alcanzados”. Entre estas metas estaban o aumento da calidade dos servizos turísticos do destino, a mellora do medio urbano e natural dos concellos, a ampliación e mellora dos espazos de uso público, a posta en valor dos recursos naturais, a creación de novos produtos e a sensibilización da poboación e dos axentes locais.