Piden a continuidade das rutas agroalimentarias máis alá de 2012

O PPdeG vén de presentar no Parlamento unha iniciativa encamiñada a realizar cantas accións sexan necesarias para apoiar a continuidade das rutas agroalimentarias en Galicia mais aló do peche do proxecto comunitario, en marzo do 2012. Estes itinerarios teñen como obxectivo fundamental a creación dun instrumento estable de cooperación público-privada para promover os recursos agroalimentarios, turísticos e patrimoniais dos territorios de actuación.

O proxecto desenvólvese no marco do proxecto Cantata 2 e está financiado polo Programa Operativo de Cooperación Transnacional Espazo Atlántico. Iniciáronse os traballos en 2009 e, en principio, acabaranse en marzo de 2012.

Na actualidade os productos que vertebran estas rutas son os queixos con Denominación de Orixen Protexida: San Simón, Tetilla, Arzúa-Ulloa e Cebreiro; as Indicacións Xeográficas Protexidas da Mel e a Castaña de Galicia e as aves de corral criadas tradicionalmente como o Capón de Vilalba, o Galo de Vila de Cruces e a Galiña de Mos.