O Ribeiro en Mecat de Mercats

A D.O. Ribeiro participou a pasada semana en “Mercat de Mercats”, a recreación dun auténtico mercado na Plaza de la Catedral de Barcelona destinado á promoción dos produtos de calidade dos mercados e D.O.´s de alimentos e viño cataláns. O Ribeiro foi a Denominación de Orixe invitada a este escaparate de produto de calidade, no que participaron máis de 70 expositores locais.

A participación superou todas as previsións con máis de 200.000 asistentes que visitaron a “Pla de la Catedral” durante os tres días de duración do evento. Polo que o Consello Regulador e as adegas valoran de xeito moi positivo esta participación, na que se desenrolou unha importante labor de promoción dos vinos da D.O., con máis de 7.000 degustacións de produto.






O Consello Regulador da D.O. Ribeiro acudiu ao evento con dez das súas adegas:Adegas Parente, Antonio Cajide, Viña Costeira, Coto de Gomariz, Casal de Armán, Cunqueiro, Cuñas Davia, Eloi Lorenzo, Pazo Lalón e Terra do Castelo.