Día do Gusto by Eurotoques en Vilaboa

O vindeiro 3 de novembro, a asociación internacional de Cociñeiros "Eurotoques" convoca unha vegada máis o Día do Gusto, unha xornada dirixida a educar o sentidos, disfrutar dos sabores e a mellor a alimentación dos nenos a través dos "almorzos saudables".

Este ano, a interpretación deste acontecemento en Galicia levarase a cabo no colexio público do Toural, en Vilaboa, da mán de tres "eurotoques" senlleiros da cociña galega culta: Toñi Vicente (actualmente ao fronte do restaurante Laurel no porto deportivo de San Adrián de Cobres, tel. 659463652), acompañada por Manicha Bermúdez (restaurante Rotilio de Sanxenxo) e o Chef Rivera (Padrón), actual delegado de Eurotoques na nosa comunidade.