Calidade nos portos deportivos galegos

O Instituto para a Calidade Turística Española vén de outorgar un total de cinco certificados Q de Calidade aos portos galegos de Portonovo, Sada, Ribeira, Ría de Ares e Real Club Náutico de Vigo, que ven así certificada a súa calidade na prestación de servizos. Ademais, o vindeiro día 12, o Club Náutico de Ribadeo pasará a engrosar esta lista ao recibir tamén o distintivo.

Todas as instalacións premiadas pertencen á Asociación de Clubes Náuticos de Galicia, Asnauga.